Solidariedade coa Escocia

Hai uns meses, unha amiga en EEUU preguntou que podería facer para axudar á causa da independencia de Escocia. “Non moito” foi a miña resposta, antes de explicarlle que este era un debate que tiña que ter lugar en Escocia. Sen embargo esta non é a visión do Goberno de Reino Unido, a pesares das protestas de Cameron de que non pode debater con Alex Salmond porque non ten dereito a voto en Setembro. Pero resulta, que si hai algo que ela vai poder facer despois de todo. 

http://www.heraldscotland.com/news/home-news/revealed-the-foreign-office-devo-units-drive-to-kill-off-independence.23269484

En Xaneiro, o Sunday Herald publicou a noticia de que a Oficina de Asuntos Exteriores de Reino Unido está liderando unha campaña para  reunir apoios para Better Together (*1) en países estranxeiros. “Wee Wullie Hague” (*2) quere escoitar de ti se tes cousas malas que dicir sobre a independencia escocesa. Segundo o Herald, a Oficina de Asuntos externos ten contactado cós Gobernos de China, Rusia, Nova Zelandia, Australia, Canadá e os 28 membros da Unión Europea nunha busca desesperada por viagra para reforzar a flaccidez de Proxecto Medo.

Read more...

Contact us on: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.