Solidariedade coa Escocia

Hai uns meses, unha amiga en EEUU preguntou que podería facer para axudar á causa da independencia de Escocia. “Non moito” foi a miña resposta, antes de explicarlle que este era un debate que tiña que ter lugar en Escocia. Sen embargo esta non é a visión do Goberno de Reino Unido, a pesares das protestas de Cameron de que non pode debater con Alex Salmond porque non ten dereito a voto en Setembro. Pero resulta, que si hai algo que ela vai poder facer despois de todo. 

http://www.heraldscotland.com/news/home-news/revealed-the-foreign-office-devo-units-drive-to-kill-off-independence.23269484

En Xaneiro, o Sunday Herald publicou a noticia de que a Oficina de Asuntos Exteriores de Reino Unido está liderando unha campaña para  reunir apoios para Better Together (*1) en países estranxeiros. “Wee Wullie Hague” (*2) quere escoitar de ti se tes cousas malas que dicir sobre a independencia escocesa. Segundo o Herald, a Oficina de Asuntos externos ten contactado cós Gobernos de China, Rusia, Nova Zelandia, Australia, Canadá e os 28 membros da Unión Europea nunha busca desesperada por viagra para reforzar a flaccidez de Proxecto Medo.

A Oficina de Asuntos Exteriores montou a “Devolution Unit” para coordinar a campaña. Embaixadas de Reino Unido, Altos Comisionados e Consulados de todo o mundo recibiron instrucións de pasar calquera comunicación de individuais, organizacións e empresas sobre a Independencia escocesa. Sen embargo, e xa que por suposto ao corpo de funcionarios se lle supón neutral politicamente , o Reino Unido non pode saír e admitir abertamente o que ti sabes,  eu sei e o can sabe que están fraguando. Deben manter unha pantalla de neutralidade.

Pero dous poden xogar ese xogo. Por iso, se é Escocés no estranxeiro, ou cidadán simpatizante da independencia escocesa doutro país, escriba unha carta formal á embaixada ou Alto Comisionado no seu pais. O que ten que dicirlles é cousa súa, pero non estaría mal algo que amose o seu desgusto con que o Goberno británico está activamente buscando intervención estranxeira para intentar evitar a independencia de Escocia. E aí está vostede coma persoa en país estranxeiro enxalzando a Nai de todos os Parlamentos e o rigorosamente democrático sistema do Reino Unido.

Podería sinalarlles que agora é imposible para vostede presentar a Reino Unido coma modelo a seguir, cando o seu Goberno está participando en tácticas pouco limpas para influír nun debate democrático, e estas tácticas están a crear un dano significativo e duradeiro á imaxe e percepción de Reino Unido no seu país. Asegúrese  de que indica que ten enviado unha copia da súa carta ao seu delegado, senador, congresista ou deputado, preguntándolle se apoian o seu punto de vista de se debería permitir a Escocia debater o seu futuro sen inxerencia estranxeira, e pedindo condenar as accións do Goberno do Reino Unido. 

E xa que o Goberno de Reino Unido está buscando activamente as opinións dos cidadáns estranxeiros e dos residentes estranxeiros, é correcto e apropiado que vostede de a súa opinión tamén. Dígalles porqué cre que a independencia de Escocia é boa para Escocia, boa para o resto de Reino Unido, e que será igualmente boa para o seu país. Se pode, obteña o maior número de asinantes posible da súa carta antes de enviala á Embaixada do Reino Unido ou ao Alto Comisionado. Mellor aínda, se vostede é membro dun club, grupo, asociación, fale cos outros membros e obteña o consentimento para enviarlles unha carta en papel con cabeceira oficial.

Se vostede é unha persoa de negocios, unha carta en papel con cabeceira da empresa dicindo que vostede cre que unha Escocia independente sería unha oportunidade mellor de inversión para a súa empresa, estaría de marabilla.

Insista nunha resposta, dígalles que vostede espera a súa carta para ser remitida á “Devolution Unit” da Oficina de Asuntos Exteriores, e tamén que enviou unha copia ao xornal local. 

E logo, envíeme unha copia da carta ao seguinte enderezo electrónico:

Se David Cameron pode usar o Corpo diplomático do Reino Unido para facer política, pois nós tamén. Isto non é unha campaña organizada ou inspirada polo Goberno Escocés, nin polo SNP ou o Yes Scotland. Estará coordinada por min, Paul Kavanagh e Pilar Fernández dende Galiza. Non somos membros do SNP ou de ningún partido político nin en Escocia nin en ningures e non nos puxemos a isto por Alicsammin (*3). Facemos isto pola nosa propia iniciativa e ninguén nos paga por facelo. Aínda que si esta pequena campaña despega probablemente nada parará aos medios de comunicación do Reino Unido para dicir o contrario.
 
Recolleremos todas as respostas e publicaremos as estatísticas anónimas cerca da data de voto. Gustaríanos tamén publicar extractos seleccionados das cartas. Se vostede non quere que o seu nome ou o nome da compañía ou organización sexa publicado, por favor, fágamo saber no e-mail. Escoceses en Escocia saberán entón que temos amigos e aliados no estranxeiro, e cun pouco de sorte, as respostas negativas recibidas pola “Devolution Unit” de Cameron e Hague serán inundados polos positivos.

Contact us on: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.